Xunta de Galicia Deporte Galego Deputación da Coruña Concello da Coruña

C21 - XIV Media Maratón de A Coruña

C21 - XIV Media Maratón de A Coruña

Inscrición en liña: A través dá pasarela de pago inserida na páxina en liña da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa ata as 23:59 horas do 6 de febreiro de 2022.

Cota e prazos de inscrición:

Prazo ordinario: ata o domingo 30 de xaneiro: 18 €
2º prazo: desde o luns 31 de xaneiro ata o domingo 6 de febreiro: 30 €
Prazo extraordinario: desde o luns 7 de febreiro ata o martes 8 de febreiro: 40 €
Inscrición presencial: Os/as attletas serán debidamente informados das datas e da localización.

Bonificacións: 50 % para maiores de 65 anos, posuidores do carné novo e parados. O prazo para o envío de documentos por correo electrónico finaliza ás 23:59 horas do 30 de xaneiro de 2022, coincidindo coa finalización do prazo ordinario de inscrición. Para acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada o momento que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial; e enviar os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico á seguinte dirección: info@carreirasgalegas.com

Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
Posuidores do Carné Novo: fotocopia do DNI e do Carné Novo.
Parados: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia do cartón de desemprego.


Inscrición gratuíta: Todas aquelas persoas que se inscriban e finalicen a C21 en 2022 e C10 en 2022, terán dereito á inscrición gratuíta na Maratón Atlántica C42 de 2022 ou á carreira 10K que se celebrará ese mesmo día.

Toda la información en PINCHA AQUI

Puedes ver el recorrido PINCHA AQUI

Archivado en: Competiciones
domingo 13 de febrero de 2022
Galería de fotos: