Xunta de Galicia Deporte Galego Deputación da Coruña Concello da Coruña

OS 11 DAS VIAS

OS 11 DAS VIAS

O Club Atlética A Silva, o Albergue da Estación e o Concello de Cerceda organizan esta carreira de 11 km que mestura, no seu percorrido, zonas de trail de baixa dificultade con tramos de asfalto. Esta proba pretende dar a coñecer a Vía Verde que conecta actualmente Cerceda con Oroso, así como a área de descanso xerada na antiga Estación de Queixas-Cerceda, rehabilitada como albergue turístico. Do mesmo xeito, a carreira colabora coa Asociación Española Contra o Cancro na investigación oncolóxica e o financiamento de proxectos que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.

INSCRICIÓNS: ata o 7 de maio de 2023 ás 23:59. para as carreiras en o 11 de maio de 2023 ás 23:59 para a anadina. A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.
1 € de cada inscripción terá como destino a AECC (Asociación Española contra o Cancro), a fin de colaborar na investigación oncolóxica e o financiamento de proxectos que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Asimesmo, todas as persoas participantes poderán completar a doazón voluntariamente coa cantidade que desexen.
ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS: Informarase ás persoas inscritas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o sábado previo á proba, e o día da carreira no Albergue da Estación.

ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA: Estarán a disposición localizados na zona de saída/meta, no Albergue da Estación.

Toda la info en PINCHA AQUI

 

Archivado en: Competiciones
sábado 13 de mayo de 2023
Galería de fotos: