Xunta de Galicia Deporte Galego Deputación da Coruña Concello da Coruña

INICIO DA TEMPADA DE NATACIÓN EN AUGAS ABERTAS 2021

INICIO DA TEMPADA DE NATACIÓN EN AUGAS ABERTAS 2021

Informámosvos que a partir do 4 DE XUÑO DE 2021 (VENRES) comezamos a realizar a nosa actividade de natación ou saídas ao mar.

Horario:

14:30 HORAS SAÍDA DA RECEPCIÓN TERMODEPORTIVA
14:40 HORAS CHEGADA APROXIMADADA Á PRAIA

En que consiste?
No inicio da tempada de tríatlon e crossing atopámonos coas diferentes características que nos presenta o entorno, sexa mar, ría... Por iso, durante as travesías preparámonos para traballar, adestrarnos nun ambiente variable a través de os diferentes contidos que fixaremos en cada saída.

Quen pode participar:

Actividade aberta para calquera persoa do concello da coruña

A actividade poderá suspenderse se as condicións meteorolóxicas non son favorables.

Información e inscricións:

  • Para participar nas sesións formativas hai que realizar unha primeira inscrición, a través do formulario que figura ao final.
  • Será imprescindible anotarse en cada Travesía antes das 12:00 horas do mesmo día da Travesía, se a actividade non alcanza o mínimo de 4 inscritos non se realizará.
  • Así mesmo, na inscrición indicarase se sae da instalación ou directamente da praia.
  • A actividade poderá suspenderse se as condicións meteorolóxicas non son favorables e os inscritos serán comunicados por correo.

Recepción dos participantes e información:

  • No horario indicado anteriormente, os participantes deberán ser cambiados e co material necesario para o desenvolvemento da actividade (máscara, gorro, chanclas, lentes, neopreno...).
  • Recoméndase o uso dunha boia.
  • Recoméndase que os obxectos persoais e de valor permanezan nos armarios das instalacións.
  • Os participantes non poderán abandonar a actividade sen previo aviso.
  • Duración aproximada 90'.

Normas técnicas, normativas:

  • Obrigatorio cumprimento das medidas sanitarias vixentes.
  • É obrigatorio saber nadar crol dianteiro e costas.
  • É obrigatorio o uso de neopreno, gorro e lentes.
  • A proba desenvólvese coa finalidade de adestrar e gozar dela.
  • Dado que a actividade require esforzo físico, debes vir descansado e hidratado.
  • Recoméndase o uso dun monitor de frecuencia cardíaca.
  • Pídese comportamento responsable.
  • Calquera dano ou circunstancia debe ser denunciado.
  • Hai que respectar as normas e os compañeiros que asistan a el.
  • O abandono da proba deberá ser comunicado.
  • Contará co apoio durante o transcurso da actividade de socorrista.

é unha actividade subvencionada polo concello da coruña

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

Archivado en: Entrenamiento
sábado 29 de mayo de 2021
Galería de fotos:
2 Comentarios

Víctor Lamas Salvado | 31/05/2021 18:42

Inscripción inicial para entrenamientos en Riazor

Manuel Berea Ruiz | 11/06/2021 11:58

11-06-2021

Código de verificación