O Colexio Galego de Xuíces e Oficiais de Tríatlon, a través da Federación Española de Tríatlon ten prevista a celebración dun curso de OFICIAL NIVEL 1, o próximo mes de xaneiro e febreiro. O presente curso está encadrado dentro das actividades de Formación 2021 da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e esta tempada convócase coa nova estrutura formativa da Federación Española de Tríatlon, cunha parte online e outra presencial.
Na seguinte ligazón podedes consultar toda a información https://fegatri.org/convocatoria-curso-oficial-nivel-1-de-triatlon-galicia-fetri-fegatri/
A aportación e necesidade de oficiais para facer fronte con garantías, ao desenvolvemento da competición deportiva galega así coma dos Campionatos Nacionais e Internacionais calendarizadas en Galicia, é imprescindible.