Este año el Club Hercules Termaria colabora con el Concello de A Coruña en el programa Coruña no Mar Veran 2022, con la actividad de "Natación en Augas Abertas".
Este programa procura axudar á veciñanza a saber se desenvolver no seu contorno, desenvolvendo a súa propia identidade e realizando actividades acuáticas deportivas no marco da nosa cidade.
Todo ilo empregando o gran potencial de infraestruturas e entidades deportivas coas que conta a cidade, pudendo deste xeito realizar unha oferta a toda a cidadanía, baseada na facilidade de oportunidades de aprendizaxe, dirixida ao mar como contorno próximo e cotiá na vida das persoas.
PERSOAS DESTINATARIAS
O programa diríxese ao conxunto da cidadanía do municipio da Coruña, abarcando nenas e nenos (idade segundo modalidade deportiva), a mocidade e a poboación adulta, co único requisito de saber nadar e cumprir co requisito da idade mínima requirida para cada un dos cursos ou actividades indicados no anexo 1 das bases da convocatoria.
A idade requirida ás persoas participantes está referida á que terán a 31 de decembro de 2022.
PRAZOS
Establécese un único prazo de solicitude para todas as actividades do programa, coas seguintes datas:
Prazo de solicitudes: 25 a 29 de maio de 2022 (ás 23:59 h.)
Listaxe provisional de solicitantes: 1 de xuño de 2022
Prazo de corrección: 2 a 4 de xuño de 2022
Listaxe definitiva de solicitantes: 6 de xuño de 2022
Sorteo: 7 de xuño de 2022
LIstaxe de persoas admitidas/en agarda: 13 de xuño de 2022
Formalización da matrícula: 14 a 20 de xuño de 2022
Movemento da listaxe de agarda: a partir do 21 de xuño de 2022
Límite de solicitudes: cada persoa poderá presentar unha única solicitude na que poderá indicar como máximo ata:
2 cursos semanais, indicando cal se establece como 1ª e 2ª opción de preferencia.
2 actividades de fin de semana, indicando cal se establece como 1ª e 2ª opción de preferencia.
No caso de rexistrar no mesmo prazo máis dunha solicitude para Cursos ou para Actividades, sempre se terá en conta a derradeira, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.
Actividade de augas Abertas:
Lugar: Praia de Oza
Datas: Todas as semanas dende o 4 de Xulio ao 2 de septembro (9 quendas)
Horarios:
Idades de 10 a 17 anos de Luns a Venres de 17 a 19 horas
Idades mais de 18 anos dde Luns a Venres de 15 a 17 horas
Consulta esta e outras actividades... en PINCHA AQUI