Xunta de Galicia Deporte Galego Deputación da Coruña Concello da Coruña

XXXI Tríatlon Concello de Oleiros (Popular)

XXXI Tríatlon Concello de Oleiros (Popular)

XXXI TRÍATLON CONCELLO DE OLEIROS
Organiza:
Concello de Oleiros
Correo electrónico: deportes@oleiros.org
Teléfono: 981 610 000
Colaboran:
Federación Galega de Tríatlon
Protección Civil do Concello de Oleiros
Policía Local do Concello de Oleiros
Garda Civil de Tráfico
Data e horario da carreira:
Sábado 29 de Maio 2021
Saída ás 16:00 h (seguindo o protocolo COVID)
Distancia:
Para todas as categorías, sprint:
750 m de natación – 21 Km en bicicleta – 5,5 Km de carreira a pé
Participación:
Neste tríatlon poderán participar:
Todos/as os/as deportistas federados/as na Federación Galega de Tríatlon.
Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 100.
Categorías (H/M):
Absoluta (Xeral), Xuvenil (2004-2005), Junior (2002-2003), Sub-23 (1998-2001), Veterán 1
(1972-81), Veterán 2 (1971-1962 ), Veterán 3 (1961 e anteriores)
Calendario de inscrición
Do xoves 8 de abril ás 10:00 horas ata o martes 13 de abril marzo ás 13:00h, abrirase
o prazo de preinscrición na web municipal do Concello de Oleiros www.oleiros.org,
Concellería de Deportes. É necesario achegar os seguintes datos: nome, apelidos, NIF,
data de nacemento, sexo, categoría, teléfono, enderezo electrónico, enderezo postal
(rúa, número, piso, código postal, municipio, provincia) e nome do club.
A organización reservará 10 prazas para triatletas das categorías Xuvenil e Junior, e 20
prazas para mulleres-

 O 14 de abril publicarase a listaxe de persoas preinscritas, na web municipal.
 O 15 de abril ás 10:00 h farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis
solicitantes que prazas.
 O 16 de abril publicarase a listaxe provisional na web municipal.
 Do 19 de abril ao 23 de abril (inclusive) será o prazo de pagamento. Para facer
efectiva a participación o comprobante de pago deberase enviar a
deportes@oleiros.org do 12 ao 19 de abril. Os/as 100 agraciados/as no sorteo recibirán
un correo electrónico cos pasos a seguir. Deberán achegar a este correo a declaración
responsable do deportista do anexo do protocolo de actuación fronte ao COVID-19 da
Federación Galega de Tríatlon (poden descargalo na seguinte ligazón
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/01/20200814_PROTOCOLO-COVIDFEGATRI_definitiva_FEGATRI_SXD-act.-28122020.pdf ). O custo da inscrición paratodos/as os/as participantes é de 15 euros. Agás por causa imputable á Administración,
non se fará a devolución do prezo público.
Saída, boxes e meta:
No parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera.
Recollida de dorsais:
Entrega de dorsais o mesmo día da proba de 13:00 a 15:00 h no parque A Lagoa de Mera.
Control de material de 14:45 a 15:30 h.
Hora de remate da proba: ás 18:00 horas aproximadamente.
A cronometraxe da proba realizarase por medición electrónica.
Premios:
Nas categorías absolutas (H/M) premiarase cun trofeo ao campión. O segundo e terceiro
clasificado obterán a correspondente medalla polo posto acadado.
Nas restantes categorías tamén se entregarán medallas aos/as tres primeiros/as
clasificados/as. Non haberá duplicidade de premios.
A entrega de premios/as farase ao remate da proba.
Todos/as os/as participantes recibirán unha agasallo conmemorativo do XXXI Tríatlon Concello
de Oleiros
Reunión Técnica:
O xoves previo á proba publicarase na web da FEGATRI un documento coa reunión técnica da
proba onde se desenvolverán todos os detalles finais da competición, protocolos, fluxos,
tempos de saídas,...
Aparcadoiro:
Aparcadoiros públicos en avenida Curros Enríquez despois de boxes e Avenida María Pita antes
de boxes (a 500m. da zona boxes. Os vehículos non se poderán retirar deste aparcamento ata
que non se abra a circulación ao tráfico).
Normas de competición:
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento oficial de competición da
Federación Galega de Tríatlon e o seu protocolo FISICOVID-DXT certificado pola Secretaría
Xeral para o Deporte
Normativa Xeral Básica COVID-19:
Segundo se recolle no protocolo FISICOVID-DXT de aplicación á proba, citado neste
regulamento, é de obrigado cumprimento para todas as persoas da proba, o seguinte:
• Manter a distancia interpersoal de 1.5 m en todo momento, antes, durante e despois da
práctica deportiva.
• Uso de máscara en todo momento, coa única excepción do momento da práctica deportiva.
• Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas ou saúdo con contacto físico.
• Non acudir á proba en caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou
contacto estreito recente con positivos.
En caso de detección, ou auto detección, de sospeita de COVID -19 no entorno da proba,
seguiranse as directrices establecidas no punto 4.3 do protocolo FEGATRI.

Infórmase aos deportistas de máis de 60 anos de que existe un maior risco de consecuencias
graves en caso de contaxio e recoméndase unha maior toma de medidas preventivas pola súa
parte.
Saídas:
As saídas serán escalonadas 2 deportistas cada 5”. Cun intervalo de 5 minutos entre cada tanda
de 25 deportistas.
Os e as deportistas deberán estar na cámara de chamadas 10 minutos antes da súa saída, coa
máscara colocada ata que os oficiais lles indiquen que poden desbotala no contedor habilitado,
inmediatamente antes da saída.
Sectores:
É obrigatorio manter a distancia establecida en todos os sectores durante a práctica deportiva.
Os e as deportistas deben separarse durante a natación , non se poderá ir a pés.
En ciclismo non se pode circular en grupo, os/as deportistas deben manter a distancia de 10
metros entre bicicletas, invadindo este espazo só nos adiantamentos.
Na carreira a pé debe manterse a distancia de 4 m., podendo só reducir a mesma para adiantar
e correndo neste caso en ángulo de 45ª
Transición.- En todo momento se manterá a distancia interpersoal de 1,5m.
Meta:
Ao pasar a liña de meta, os e as participantes recibirán unha máscara que deberán colocar
inmediatamente e continuar o fluxo establecido sen pararse, mantendo en todo momento a
distancia interpersoal de 1,5m.

RESULTADOS COMPETICIÓN PINCHA AQUI

Archivado en: Competiciones
sábado 29 de mayo de 2021
Galería de fotos: