MEDIDAS COVID DOGA_DECRETO 5/2021 e ORDE do 19 de xaneiro

MEDIDAS COVID DOGA_DECRETO 5/2021 e ORDE do 19 de xaneiro

A continuación os indicamos las medidas relativas al deporte más significativas recogidas de una manera resumida y extraidas del DOGA_DECRETO 5/2021 e ORDE do 19 de xaneiro... podeis consultar el documento completo en PINCHA AQUI

Las medidas más significativas deportivamente hablando son(recogidas textualmente del documento):

Por último, o informe tamén recomenda no relativo ao deporte federado de ámbito autonómico a suspensión das competicións e no tocante aos adestramentos que deban respetar as limitacións de entrada e saída existentes nos correspondentes ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
Respecto das competicións estatais e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos seus protocolos federativos.

-----

«6. Actividades e instalacións deportivas.
A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor.
Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

----

Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva prevista neste punto, debendo respectarse as limitacións de entrada e
saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes».

----------

Consultar lel documento completo con las medidas y restricciones según el concello al que se pertecene.

 

 

Archivado en: Competiciones , Entrenamiento , Varios
miércoles 20 de enero de 2021
Galería de fotos:
0 Comentarios
Código de verificación